lunes, 10 de febrero de 2014

Galicia Enxebre.

Terra mítica e máxica  como ningunha,
tradicions, ritos, Druidas, profecías e oráculos.
Montes, vales, camiños, fontes, igrexas, bosques, todo isto e un gran libro aberto,
sabendo entender o que está oculto, estando a vista.
Cada monumento ten raíces, non está feito nun lugar calquera, senòn en puntos enerxéticos da terra, a maneira dos do corpo humán.
O Cebreiro, Ancares, O Piornedo, corazón  do mundo Celta.
Camiño còsmico que serve de guía  cara o noso destino.
Conxuros, Tardos( trasnos) perversos, lendas contadas polas nosas avòas ao caròn da lareira, cando a terra está en sombras, noite, escuridade, medos que enxendran misterio.
Bosque, árbore, lume e pedra.
Deusa Navía da fertilidade na cultura celta, atende a quen se lle achega.
Anfiteatro da nosa memoria, onde se mestura a realidade coa fantasía, Galicia máxica, única.
Honra o Himno galego, Breogán fillo de Brath, fundador de Brigantia.
Meigas feiticeiras dos ríos, Marimanta,Moucha,Lavandeira,Lurpia,Moura,Aureana. cruceiros gardando os cruces de camiños, víxiantes para que ninguén volte do máis Alá.
Latendo os misterios dende tempos ancestrais, seres que xurden do descoñecido, trainos o vento que zoa nas corredoiras de fragas umbrías, elas as meigas.
Batendo nas montañas unha ala contra algo.
Morriña, soa a gaita, e ò Himno prende nos ollos do mar de Rianxo.

Galicia Enxebre.