lunes, 6 de enero de 2014

PEDRA MOURA

Piosa e a súa Arca antiga, alí onde levanta a terra,
amosa a mámoa sair.
Onde o vento e un azorraxe longo,
zoando con desespero e terco luír;
entre as frores de namorar fungando,
o redor de mín, pasa bramendo, e a súa dor

prende ó salaio en mín.

O NOSO MAR GALEGO


O teu recendo mar ule a frescura,
como aloumiño na cara,
deixas para mín na beira un canto de serea,

e no crepúsculo amosas a túa beleza.

GALICIA MEU PARAISO



  
Teño que contarche que no berce do río durmo contenta
aquel paxaro conta un conto a árbore que o abrangue,
verde herba aloumiño da miña cara, e descanso dos pés,
teño que contarche tantas cousas.



FINISTERRE

Onde ti meu emblemático Fines Terrae,
chegan a mín as imaxes dun misterio,
cando haí miles de anos aquí,
tiñan por certo que ó sol apagaba nas súas augas,
e máis alá do sol estaba unha rexión, de tebras e monstruos.
Ímpetu e forza do mar, imaxe incrible, fulxír da lúa na túa

magnitude,

COSTA ÁRTABRA

Enclave sublime, costa Ártraba,
camiño dos sete faros ou,
Magnus Portus Artabaorum,

lugar do ángulo noroeste da costa galega,

AS TERRAS DOS ANTERGOS


Falaréivos a vos meus antergos,
petándome están as penas nas vosas eiras,
daquela a vida era coitado bálsamo,
hoxe todo o voso herdo está preñado de nocellas.


PEDRA E DECIR GALICIA


Se eu digo pedra, falo de Galicia,
toda ela, o berce, a casa, a sepultura,
vellos camiños desgastados saen o encontro,
natureza e historia van xuntas.
Dolméns, mámoas e tamén o himno galego,

canteiros do megalítico, na pedra que o abrange todo.

A CRUZ DOS CELTAS

Cruz dos catro elementos, cruz Celta,
circulo no teu centro, contigo nin enemigos
nin tropezos.
Influxo Celta que perdura en Galicia,
mar embravecido e abismos fondos,
un vello morre en Galicia, e leva consigo o

eco dunha lenda,

BERCE ONDE NACE GALICIA

A   Terra Chá, berce onde nace Galicia,
durante séculos, romanos, suevos e bretóns,
nacemento dunha nova lingua autóctona, o galego,
canteiros do megalítico, mámoas, dolméns,
grandes monumentos de pedra, dende a ribeira,
ata as máis altas cumes,
lugar de acubillamentos colectivos.
Terra Chá, bisbarra do mundo,
finai perfecto para un longo percorrido,
a Terra Chá, poesia, maxia e paisaxe,
onde os ríos nacen vellos,
e os acivros medran fermosos,
ao pé de suaves lombas.
Feridas na terra das minas, ainda sangran,
nacemento da Orde dos Cabaleiros de Santiago,
viñan de lonxanas terras, templarios da Galicia,
defensores dos peregrinos.
Terra Chá e como decir a Galicia arcaica,
enxebre, en estado puro.



                              FIN