lunes, 6 de enero de 2014

PEDRA MOURA

Piosa e a súa Arca antiga, alí onde levanta a terra,
amosa a mámoa sair.
Onde o vento e un azorraxe longo,
zoando con desespero e terco luír;
entre as frores de namorar fungando,
o redor de mín, pasa bramendo, e a súa dor

prende ó salaio en mín.

O NOSO MAR GALEGO


O teu recendo mar ule a frescura,
como aloumiño na cara,
deixas para mín na beira un canto de serea,

e no crepúsculo amosas a túa beleza.

GALICIA MEU PARAISO



  
Teño que contarche que no berce do río durmo contenta
aquel paxaro conta un conto a árbore que o abrangue,
verde herba aloumiño da miña cara, e descanso dos pés,
teño que contarche tantas cousas.



FINISTERRE

Onde ti meu emblemático Fines Terrae,
chegan a mín as imaxes dun misterio,
cando haí miles de anos aquí,
tiñan por certo que ó sol apagaba nas súas augas,
e máis alá do sol estaba unha rexión, de tebras e monstruos.
Ímpetu e forza do mar, imaxe incrible, fulxír da lúa na túa

magnitude,

COSTA ÁRTABRA

Enclave sublime, costa Ártraba,
camiño dos sete faros ou,
Magnus Portus Artabaorum,

lugar do ángulo noroeste da costa galega,

AS TERRAS DOS ANTERGOS


Falaréivos a vos meus antergos,
petándome están as penas nas vosas eiras,
daquela a vida era coitado bálsamo,
hoxe todo o voso herdo está preñado de nocellas.


PEDRA E DECIR GALICIA


Se eu digo pedra, falo de Galicia,
toda ela, o berce, a casa, a sepultura,
vellos camiños desgastados saen o encontro,
natureza e historia van xuntas.
Dolméns, mámoas e tamén o himno galego,

canteiros do megalítico, na pedra que o abrange todo.